icons_VERDIA-04A complexidade das relacións laborais, cos constantes cambios en materia lexislativa e xurisprudencial, fai necesario contar co apoio de profesionais capaces de enfrontarse e ofrecer solucións precisas e efectivas a todas as cuestións que xorden.

Conflito, negociación, prevención de riscos laborais, contratación, incentivos son conceptos habituais neste sector e requiren dun equipo altamente cualificado. Verdía Asesores y Consultores conta, dentro da súa área laboral e de recursos humanos, cun equipo de profesionais especializados e con ampla experiencia sectorial, orientado a ofrecerlles, tanto á grande empresa como á mediana e pequena, un servizo integral de asesoramento laboral.

Principais servizos:

  • Tramitación e posta en marcha da empresa: comunicación de apertura do centro de traballo, afiliación e número da Seguridade Social, alta no réxime da Seguridade Social.
  • Altas, baixas e variacións de empresas e traballadores nos distintos réximes da Seguridade Social.
  • Estudo e confección de nóminas e seguros sociais en todos os réximes da S.S.
  • Estudo, confección e tramitación de todo tipo de contratos laborais.
  • Tramitación e confección de todo tipo de liquidacións.
  • Actuacións profesionais ante a Inspección de Traballo.
  • Tramitación, seguimento e representación legal ante o SMAC e o xulgado do social.
  • Auditoría laboral.
  • Asesoramento, intervención e representación en conflitos laborais.