icons_VERDIA-03Desde a súa área xurídica, Verdía Asesores y Consultores ofrécelles unha atención especializada, rápida, eficaz e de confianza aos seus clientes, froito dunha ampla bagaxe de coñecementos e experiencia sumado ao saber facer do equipo de profesionais cualificados que a compoñen. Deste modo, achégalles solucións adecuadas ás empresas que se encontran fronte á complexidade do sistema xurídico actual.

Principais servizos:

  • Asesoría xurídica de empresas. Consultoría, prevención e análise de conflitos, incidencias, continxencias e cuestións litixiosas e contenciosas no ámbito mercantil e empresarial.
  • Execución de operacións societarias: constitucións, capitalizacións, fusións, adquisicións, transmisións, escisións, disolucións, liquidacións, cambios de valores, sucesións, cesións de activos ou ramas de actividade.
  • Redacción, revisión e asesoramento legal na documentación de contratos e acordos civís e mercantís.
  • Actuacións de preparación, formulación, seguimento, tramitación, consecución, formalización e impugnación de actos, controis, contratacións, inspeccións e procedementos das Administracións públicas.
  • Asesoramento xurídico-laboral en relacións individuais e colectivas, e cuestións en xeral de recursos humanos, Seguridade Social e Administracións públicas.
  • Auditorías laborais. Litixiosidade en órganos da xurisdición social, penal e civil.
  • Estudo xurídico-fiscal de cuestións, responsabilidades, operacións, actividades e tráficos mercantís e patrimoniais. Informes sobre criterios e opcións. Diagnóstico, guía e resolución de situacións de crise empresarial. Intervencións, seguimento e vixilancia en posicións preconcursais e concursais.
  • Desenvolvemento de funcións de secretaría de órganos de administración de sociedades e entidades xurídicas. Asesoramento e confección de propostas, convocatorias, actas, acordos sociais, apoderamentos, autorizacións, delegacións, redacción de preceptos estatutarios e elevación a público dos extremos necesarios, redacción de formalidades, e xestións e tramitacións nas instancias, autoridades, fedatarios públicos e rexistros procedentes.
  • Identificación de necesidades e deseño de propostas e modelos de estruturas xurídico-fiscais adecuadas.