Un instrumento ao servizo da sociedade
A Fundación Francisco Verdía creouse en outubro de 2004 como unha entidade sen ánimo de lucro e personalidade xurídica propia. Foi recoñecida como fundación de interese galego e benéfico-social pola Xunta de Galicia en febreiro de 2005 e asumiu a función de protectorado a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.
Obxectivos
Estes son os dous grandes campos de actuación en base aos que se configuran os diversos programas e proxectos que desenvolvemos, parte dos cales se levan a cabo a través de alianzas e convenios específicos con outras institucións e entidades.
Beneficiarios:
Entre os beneficiarios encóntrase calquera persoa física que realice ou desenvolva en Galicia unha actividade dentro do marco dos nosos fins fundacionais ou que, residindo nesta comunidade, demande os servizos asistenciais ou axudas que preste a Fundación, así como as entidades de nacionalidade española dotadas de personalidade xurídica que, de acordo cos seus estatutos, desenvolvan en Galicia unha actividade coincidente coa que leve a cabo ou promova a Fundación.