Conflito, negociación, prevención de riscos laborais, contratación, incentivos son conceptos habituais neste sector e requiren dun equipo altamente cualificado. Verdía Asesores y Consultores conta, dentro da súa área laboral e de recursos humanos, cun equipo de profesionais especializados e con ampla experiencia sectorial, orientado a ofrecerlles, tanto á grande empresa como á mediana e pequena, un servizo integral de asesoramento laboral.
Principais servizos:
- Tramitación e posta en marcha da empresa: comunicación de apertura do centro de traballo, afiliación e número da Seguridade Social, alta no réxime da Seguridade Social.
- Altas, baixas e variacións de empresas e traballadores nos distintos réximes da Seguridade Social.
- Estudo e confección de nóminas e seguros sociais en todos os réximes da S.S.
- Estudo, confección e tramitación de todo tipo de contratos laborais.
- Tramitación e confección de todo tipo de liquidacións.
- Actuacións profesionais ante a Inspección de Traballo.
- Tramitación, seguimento e representación legal ante o SMAC e o xulgado do social.
- Auditoría laboral.
- Asesoramento, intervención e representación en conflitos laborais.