Verdía Asesores y Consultores é unha empresa de servizos de asesoramento e consultoría en materia tributaria, contable, económico-financeira, xurídica e laboral. Dentro da súa actividade, presta unha especial atención ao desenvolvemento de proxectos singulares que precisan dunha asistencia técnica específica na súa organización, xestión e seguimento, así como á captación de axudas, apoios e recursos. Ademais, a través de entidades asociadas e filiais do seu grupo, ofrece solucións nos ámbitos da comunicación, as relacións institucionais e o marketing, a cobertura aseguradora, a auditoría, a intermediación financeira, o comercio exterior e o arquivo documental.
Constituída en 1978, Verdía Asesores y Consultores conta con sede na Coruña. A súa carteira de clientes abarca numerosas entidades privadas e públicas. Pequenas, medianas e grandes compañías, profesionais e directivos, emprendedores e particulares, elixíronnos como asesores. Un equipo humano formado en diversos sectores e unha dotación técnica en permanente innovación permítennos dispoñer de capacidade para afrontar todo tipo de situacións coa maior eficacia e eficiencia.
Os nosos valores
- Coñecemento do mercado
- Estrita confidencialidade
- Experiencia e rigor profesional
- Compromiso e integridade
- Equipo profesional cualificado e multidisciplinar
- Atención áxil e personalizada
A nosa forma de traballar
Servizo integral
Solucións personalizadas
Máximo compromiso