icons_VERDIA-07Os servizos de consultoría, xestión financeira e de negocios que o Grupo Verdía lles ofrece aos seus clientes abarcan un amplo abano de posibilidades dirixidas a deseñar e implantar nas empresas desenvolvementos corporativos que melloren a súa competitividade, faciliten o seu crecemento e expansión, aumenten os beneficios e constitúan unha fonte de creación de valor para os seus accionistas.
Desde a súa área de Corporate Finance, Verdía Asesores y Consultores proporciona servizos de asesoramento financeiro, económico e estratéxico altamente especializado, incluíndo solucións e ideas creativas para o futuro dunha empresa, así como para momentos críticos que requiren unha rápida toma de decisións.
Verdía Corporate Finance define as súas actuacións en tres grandes áreas con solucións específicas.

Principais servizos:

Verdía Corporate Finance presta asesoramento en procesos de compra e venda de negocios. Participa en todo tipo de operacións, sexa esta unha adquisición, escisión, fusión, joint venture ou alianza estratéxica. O principal obxectivo do seu grupo de profesionais é maximizar o rendemento das operacións, protexendo os intereses dos clientes e prestando apoio durante todo o proceso: avaliación estratéxica preliminar, due dilligence de adquisición ou venda, proceso de integración ou segregación do negocio e outros servizos postransacción, como a mellora do capital circulante, sistemas, procesos e controis.
  • Adquisicións e desinvestimentos de empresas, negocios e activos.
  • Fusións, escisións e disolucións.
  • Compra-venda de empresas.
  • Reestruturación de grupos empresariais (Business Recovery Services).
  • Incorporación de socios financeiros.
  • Capital risco (Private Equity): MBO, MBI, LBO, IBO etc.
  • Concentracións empresariais e de negocios.
  • Adquisicións apancadas: Management e Leveraged Buy–Out.
  • Deseño e realización de Due Dilligence: financeiros, legal e fiscal e de mercado.
  • Estratexia de crecemento e consolidación sectorial: Buy and Built.
  • Joint-ventures, consorcios, alianzas estratéxicas e outras formas de asociación, nacionais e internacionais.
Verdía Corporate Finance ofrece asesoramento en asuntos relacionados co valor, a súa medición e a análise das mellores opcións estratéxicas para a súa maximización.

Valoración:

  • Política, planificación e xestión financeira.
  • Viabilidade económica e financeira de proxectos de investimento.
  • Estruturación financeira de proxectos, negocios e empresas.
  • Acceso a mercados financeiros de capitais.
  • Reestruturación de activos operativos e inmobiliarios.
  • Valoración de empresas e negocios.
  • Investimentos e financiamentos de capital risco.

Estratexia:

  • Definición estratéxica e plans de negocio.
  • Diversificación de negocios, mercados e produtos.
  • Acceso aos mercados financeiros e de capitais.
  • Asesoramento,  procesos de cambio xeracional e goberno corporativo en empresas familiares.
  • Crisis management.
Verdía Corporate Finance desenvolveu con éxito estudos e proxectos en áreas tan diversas como:
  • Enerxías renovables: eólica, biomasa, solar fotovoltaica.
  • Sector farmacéutico.
  • Industria extractiva e transformadora de minerais.
  • Industria de produtos alimenticios e bebidas.
  • Fabricación de maquinaria para madeira, cortiza e sector forestal.
  • Servizos de comunicación.
  • Sector público: área de infraestruturas.
  • Transporte terrestre de viaxeiros e mercadorías.
  • Fabricación de mobiliario.