Ademais, identifícanse as axudas que máis se axustan aos proxectos e prestarase apoio na xestión que implican, o que aforrará traballo, tempo e gasto, ata a finalización do proceso.
O resultado é un servizo que permite optimizar beneficios, mellorar a xestión e a obtención dunha maior rendibilidade.
Verdía Axudas e Subvencións define as súas actuacións en tres grandes áreas con solucións específicas.
Principais servizos:
Verdía Axudas e Subvencións analiza e identifica todas as ayudas existentes para os proxectos de investimento e/ou gasto que desexe acometer o cliente, establecendo o timing e a estratexia que cómpres seguir para optimizar o devandito proceso:
- Análise previa da viabilidade e posibilidades de obtención, en función da normativa das subvencións e axudas, así como das circunstancias e datos da empresa.
- Localización das distintas administracións e organismos locais, autonómicos, nacionais ou europeos potencialmente subvencionadores do proxecto de investimento.
Verdía Axudas e Subvencións presenta a solicitude ante os diferentes organismos outorgantes da axuda e realiza un seguimento personalizado e mantén un contacto directo cos avaliadores e xestores dos programas:
- Realiza a presentación de solicitudes de subvención en calquera ámbito (local, autonómico, nacional ou comunitario).
- Achega os seus coñecementos e experiencia para que o enfoque e a presentación do proxecto permitan maximizar as posibilidades de obtención de subvención.
- Elabora a memoria expositiva do proxecto para a súa presentación institucional.
- Elabora a documentación necesaria para a solicitude de axuda.
- Efectúa un seguimento personalizado da tramitación dos expedientes de solicitude de axudas nos organismos correspondentes.
- Controla a planificación económico-financeira do proxecto.
- Colabora na definición das fontes de financiamento, así como na obtención de recursos e negociación das súas condicións.
- Asesora durante a execución do proxecto nos seus aspectos financeiros, legais e fiscais, con seguimento do cumprimento das condicións establecidas na concesión das axudas.
Verdía Axudas e Subvencións realiza todas as xestións necesarias para obter o cobro da subvención por parte do cliente e proporciónalle asistencia personalizada nas súas relacións cos organismos outorgantes:
- Asiste o cliente en todas as xestións necesarias, unha vez que lle concedesen unha cantidade concreta en forma de subvención ou axuda para un proxecto específico.
- Encárgase da preparación e da presentación da documentación xustificativa necesaria para o cobro da subvención (facturas e xustificantes de pago).
- Asesora o cliente na súa relación co organismo outorgante unha vez concedida a subvención.
- Efectúa comunicacións periódicas recordatorias dos investimentos que se deben realizar e dos prazos que hai que cumprir para poder cobrar a subvención.
- Confecciona informes técnicos sobre os resultados obtidos no marco do proxecto subvencionado.
- Realiza o seguimento da solicitude de cobro, unha vez presentada ante a entidade outorgante e en contacto directo cos xestores do programa de subvención.
- Efectúa xestións relativas ao cobro das axudas.
- Realiza auditorías de cumprimento, se así fose requirido pola Administración.